Local de Música de Pontevedra | Local & funcionamento

O Local de Música

O Local de Música de Pontevedra é un espazo público municipal concibido para que os músicos e grupos noveis do Concello de Pontevedra teñan un punto de encontro onde poder realizar actividades de ensaio, gravación, formación, etc, e interactuar con outros axentes tanto do eido musical como de outros ámbitos, de xeito que se convirta nun punto de mira da creación musical e artística en Pontevedra.

Orgánicamente pertence ao Departamento de Xuventude, polo que integra ademáis as actividades provintes da súa programación. 

O Local de Música converteuse xa nun centro social para a mocidade e a súa misión vai máis alá, configurándose xa como un espazo motivador, dinamizador, catalizador e potenciador da creación e expresión musical na nosa cidade, así como un nexo de unión entre os diferentes axentes que participan dalgún xeito na creación musical.


Localización e medios técnicos.

Posta en marcha esta iniciativa en outubro de  2008, ubícase na rúa Otero Pedraio, s/n (ao lado de Vialia-Estación de Tren) e conta cunha superficie duns 200 m2. Dispón dunha zona de aparcamento gratuito, e ao carón o parking de pago da estación do tren.

Dispón de tres salas, destinadas principalmente ao ensaio. Unha sala dispón de medios para á gravación dos ensaios. As salas contan todo o necesario para ensaiar grupos estándares de 5-7 persoas, con baterías, teclados, amplificadores, micrófonos, mesas, etc..

O equipo técnico asociado ao local componse de dous profesionais, un cun perfil relacionado coa xestión cultural e a dirección de proxectos sociais e o outro cun perfil asociado á producción musical, son e espectáculos musicais. 

 

Horarios e requisitos.

O horario do Local é de luns a venres de 16 a 22 h. e os sábados de 10 a 14 h e de 16 a 22 h. e nel poden solicitar a seu uso grupos de mozos/as novos/as que pertenza a un colectivo musical, menores de 30 anos (ou media do grupo non superior a 35 anos) sempre cando algún membro do grupo estea empadroado en Pontevedra.

O uso do Local é totalmente gratuíto

Información de contacto

  • OFICINA: 986 856 573
  • WhatsApp: 639 98 66 52
  • MAIL: localdemusica@gmail.com
  • R/ Otero Pedraio, s/n. 36003. Pontevedra (Ao carón de Vialia)
  • Street view

Horarios de atención ao público:

  • luns a venres: 16:00 a 22:00
  • Sábados: 10:00 a 14:00 e 16:00 a 22:00

 

Concellaría de Xuventude

  • de 9 a 15h. de lúns a venres
  • T. 986 840 367
  • CASA AZUL, Rúa Sor Lucía 2-3 36002 Pontevedra

Localización

Onde estamos por se nos queres visitar

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos