FEST! o certame de bandas do Local

O Local de Música, pertencente ao Departamento de Xuventude do Concello de Pontevedra organiza o concurso para promover a escena musical emerxente. Busca poñer en valor a creación musical de base organizando un evento nun espazo emblemático da cidade como é o Teatro Principal.

Os obxectivos principais son:

  • Presentar á comunidade unha mostra da escena musical independente nun espazo emblemático e representativo da cidade.
  • Ofrecer aos grupos noveis oportunidades para darse a coñecer e desenvolver a súa carreira artística.
  • Ofrecer aos grupos participantes a oportunidade de conseguir un material audiovisual especial e relevante que apoie á súa estratexia promocional.

EN QUE CONSISTE O CONCURSO

O concurso consiste nun concerto que se celebrará o 05 de abril de 2014 no Teatro Principal. Oito grupos seleccionados previamente por un xurado cualificado e representativo, farán unha actuación breve para mostrar o seu espectáculo. Un xurado concederá un dos premios que consiste na gravación dun videoclip cunha produtora audiovisual por valor de 1000€. O público asistente votará e concederá outro premio, que consistirá nunha actuación remunerada na cidade. Todos os grupos finalistas recibirán un premio da asociación de músicos de pontevedra. O festival pecharase cunha actuación dun grupo convidado.

DATAS e FASES.

  • Inscrición. Do 20 de febreiro ao 20 de marzo de 2014 ás 22:00h.
  • Seleccion do xurado: 22 de marzo de 2014.
  • Concurso: 5 de abril de 2014

Como información chave para preselección do xurado, haberá que presentar:

  1. Reseña do grupo e traxectoria, traballos,...
  2. Un enlace a un video onde o grupo interpreta unha canción nun ensaio.
  3. Como información complementaria poderán poñerse outros enlaces de interese: redes sociais, web,...

DESCARGAR AS BASES COMPLETAS  00_BASES_FEST_2014.pdf

Formulario de inscrición


Información de contacto

  • OFICINA: 986 856 573
  • MAIL: localdemusica@gmail.com
  • R/ Otero Pedraio, s/n. 36003. Pontevedra (Ao carón de Vialia)
  • Street view

Horarios de atención ao público:

  • luns a venres: 16:00 a 22:00
  • Sábados: 10:00 a 14:00 e 16:00 a 22:00

 

Concellaría de Xuventude

  • de 9 a 15h. de lúns a venres
  • T. 986 840 367
  • CASA AZUL, Rúa Sor Lucía 2-3 36002 Pontevedra

Localización

Onde estamos por se nos queres visitar

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos